InicioCentralBurelaAsinados polo Concello de Burela, asociacións culturais e ANPAs as subvencións para...

Asinados polo Concello de Burela, asociacións culturais e ANPAs as subvencións para 2021

O concelleiro de Cultura engadiu que “tamén este ano, pola pandemia, polas dificultades en todos os aspectos no asociacionismo, poñemos como novidade que se poida solicitar a contía económica por anticipado".

Publicada o

- Advertisement -

A Concellería de Cultura asinou ao longo desta semana os convenios coas asociacións culturais e coas Anpas para a concesión de subvencións nominativas para este 2021.

O edil José Díaz explicou que “ao longo desta semana estiveron asinando no Concello de Burela as asociacións culturais e as Anpas os convenios mediante os que o Concello outórgalles unha cantidade económica para sufragar as súas actividades”.

Díaz dixo que “este ano, por mor da pandemia, decidimos que fosen nominativas. Outros anos eran por puntos, a través das actividades realizadas, pero durante todo este tempo non puideron realizar practicamente actividades e era moi difícil puntuar e obter unha contía económica similar á de anos anteriores”.

O concelleiro de Cultura engadiu que “tamén este ano, pola pandemia, polas dificultades en todos os aspectos no asociacionismo, poñemos como novidade que se poida solicitar a contía económica por anticipado”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...