Os maiores de Burela poderán asistir a unha charla organizada pola DGT e o Concello

A concelleira de Servizos Sociais, Carmela López, anima “a acudir a esta charla, xa que será de grande interese para as nosas persoas maiores. Vanse repartir chalecos reflectores entre os asistentes”.


A Casa da Cultura acollerá o vindeiro luns, 22 de novembro, ás 17:30 horas unha charla para persoas maiores sobre as normas básicas e comportamentos como peóns e condutores nas vías públicas. Está organizada pola DGT en colaboración co Concello de Burela.

A concelleira de Servizos Sociais, Carmela López, sinala que “prodúcense ás veces accidentes de peóns, atropelos. Por todo isto a Xefatura de Tráfico en colaboración co Concello de Burela vai a realizar unha charla informativa destinada ás persoas maiores para lembrarlles como deben comportarse como peóns nas vías públicas e mesmo algúns aínda estarán a utilizar o seu vehículo particular polo que se lles lembrarán algunhas normas básicas”.

A edil burelesa anima “a acudir a esta charla, xa que será de grande interese para as nosas persoas maiores. Vanse repartir chalecos reflectores entre os asistentes”.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here