InicioCentralBurelaO alcalde de Burela valora a manifestación do 17 de novembro como...

O alcalde de Burela valora a manifestación do 17 de novembro como un exemplo de solidariedade

Alfredo Llano salientou que “isto reflicte unha cuestión moi importante: a preocupación que temos todos os que vivimos na Mariña, dunha forma solidaria e compartida, porque realmente valorámonos moitísimo máis do que nos valoran a nosoutros fóra pois realmente temos capacidade".

Publicada o

- Advertisement -

O alcalde, Alfredo Llano, destaca que a manifestación celebrada onte, mércores, foi unha das máis grandes da historia de Burela e un exemplo de comportamento e solidariedade. “Foi un exemplo clarísimo de comportamento, de dedicación, de respecto e de solidariedade. Houbo unha comprensión absoluta, total e unánime do que representaba facer a folga onte na nosa comarca”.

O rexedor de Burela destaca que “a manifestación foi unha das máis grandes da historia en Burela, foi realmente impresionante ver toda a Avenida de Arcadio Pardiñas ocupada por xente e cunha densidade extraordinaria dado que íamos moi cerca uns doutros”.

Alfredo Llano salientou que “isto reflicte unha cuestión moi importante: a preocupación que temos todos os que vivimos na Mariña, dunha forma solidaria e compartida, porque realmente valorámonos moitísimo máis do que nos valoran a nosoutros fóra pois realmente temos capacidade”.

Llano engadiu que non se p ode consentir que pouco a pouco retiren servizos básicos, como a perda da área sanitaria propia da Mariña, “o que trouxo consigo unha serie de consecuencias que se están notando agora e cara ao futuro aínda van ser peores“. Sinalou tamén a necesidade dunhas boas infraestruturas, tanto a nivel autonómico como estatal. “É certo que non avanzan nin sequera empuxando e co aire a favor. E sen infraestruturas non podemos asentar outras cousas, como industrias. Por tanto é moi necesario poñerse a facer xa as infraestruturas que están pendentes”.

En canto á industria, o alcalde de Burela considera que “o que pasou en Vestas é un desprezo absoluto aos traballadores, ás súas familias e a todos os que vivimos na Mariña”. Para Llano o que acontece en Alcoa con”esa despreocupación, falta de atención e desprezo por parte da empresa, dicindo que se van cando lles dea a gana e aí quedades. Iso non pode ser”.

Polo tanto o rexedor de Burela saca a seguinte conclusión despois da mobilización de onte: “todo o mundo comparte esa preocupación e séntese parte do problema e parte da solución. Esta comarca é unha das máis importantes da provincia de Lugo e de Galicia. Iso é o que reclamamos e onte foi unha lección clara cun pensamento compartido e común porque todos queremos o mesmo”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...