InicioCentralBurelaParabéns do alcalde de Burela a Astilleros Armón logo da botadura do...

Parabéns do alcalde de Burela a Astilleros Armón logo da botadura do megaiate ‘Nebula’

O rexedor burelés tamén anunciou que “agora mesmo estamos seleccionados para a instalación de fibra de alta velocidade no noso concello. Xa levan tempo colocando fibra para ter unha boa transmisión e unha alta velocidade no noso concello".

Publicada o

- Advertisement -

O alcalde, Alfredo Llano, destaca o traballo realizado por Astilleros Armón, empresa instalada na localidade desde o ano 1992, tras a botadura dun novo megaiate de luxo. Trátase de o Nebula. O rexedor subliña o rigor e o compromiso desta firma á que felicita pola súa forma de traballar.

O alcalde declara que “Astilleros Armón está instalado no noso concello desde o ano 1992 e veu co obxectivo claro de facer naves cada vez mellores e moi diversas porque tanto fai pesqueiros como iates e megaiates”. Llano remarcou que os proxectos de Armón saen para adiante grazas ao rigor da empresa, do traballo e do compromiso moi ben organizado. O alcalde puxo a Armón de exemplo para facer as cousas.

Llano quixo dar os parabéns a toda aquela xente que intervén na construción de naves, desde os dirixentes até os traballadores, por darlle unha solvencia a Burela e tamén á construción naval. “Penso que é moi importante que saque este tipo de naves, como a última que ten agora atracada no porto de Burela, que se chama Nebula. É un megaiate que ten todas as facultades para presumir da boa construción deste buque”.

Este buque leva incorporadas medidas de control medioambiental como motores pensados para reduciren a pegada de CO2 e o tratamento especial para o lixo e a auga. “Así que as novas tecnoloxías se impoñen e o criterio que se debe estimar importante para esta construción” declarou Llano.

BURELA FSF

O alcalde burelés felicita ao Burela FSF que esta pasada fin de semana se proclamaba Campión de Europa en Lugo, ata onde se desprazaron centos de afeccionados para animar ás guerreiras laranxas que seguen a recoller novos éxitos. O rexedor salienta que este feito é importantísimo para Burela.

“Vén sendo habitual, é un costume, pero aí está o fútbol sala feminino do noso concello, o Burela FSF. Eu tiven o pracer de estar o outro día na final onde o único que fixeron foi amosar a súa forma de traballar e a súa forma de xogar con elegancia, categoría e compromiso” remarcou o alcalde burelés.

Llano apuntou ademais que a veciñanza de Burela debe estar orgullosa con todos os acontecementos deportivos que ve como motivadores para todo aquel ao que lle guste o deporte. “Parabéns para o Burela FS feminino, para o seu club e para toda a boa afección que hai no noso concello que se viu plasmado o domingo no pavillón en Lugo que estaba ateigado de xente de Burela”.

FIBRA DE ALTA VELOCIDADE

Por outra parte, Alfredo Llano, anuncia que “agora mesmo estamos seleccionados para a instalación de fibra de alta velocidade no noso concello”. Sinala que xa hai tempo que se está colocando fibra para ter unha boa transmisión e unha alta velocidade en Burela. “É algo moi bo porque presta un servizo grande pensando na aplicación de novas tecnoloxías, sobre todo transmisión e información” remarcou Llano.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...