O PP acusa ao alcalde de Burela de “gañar simpatías” a costa da cronista oficial

lamenta “as penosas formas do señor Llano” ao non convidar a tódolos grupos da corporación á entrega da medalla á cronista oficialL

Foto da medalla entregada polo Concello de Burela a Herminia Pernas, cronista oficial do concello / remitida

O voceiro do PP en Burela, Manuel Rouco, criticou as “penosas formas” do alcalde de Burela en relación á entrega da medalla conmemorativa á cronista oficial, dona Herminia Pernas, á que lle trasladou a súa noraboa; xa que os populares non puideron facelo en persoa de forma oficial ao non seren convidados ao acto.

Dende as filas populares non cuestionan a idoneidade da entrega desta medalla conmemorativa ao consideralo “un detalle que merece a recentemente nomeada cronista oficial”. “O que si cuestionamos son as formas empregadas polo alcalde ao tratar, unha vez máis, de empregar politicamente a figura de cronista oficial”, denuncian os populares nun comunicado.

Rouco lembra que este nomeamento foi aprobado por unanimidade da corporación municipal no seu día e, sen embargo, á entrega da medalla, “non foi convidado ningún dos outros grupos que conforman a mesma”. “O axeitado sería ter convidado aos distintos grupos da corporación que son, en definitiva, os representantes de tódolos veciños de Burela”, critica. Deste xeito, “daríase unha imaxe de unidade en torno da figura da cronista oficial”, apunta.

O popular apunta a unha “clara intencionalidade” o feito de que “os únicos presentes para a entrega foron o señor Llano e algúns dos seus compañeiros de filas. Con este acto unilateral, intentan monopolizar a figura da cronista oficial do Concello tratando de gañar a simpatía dos máis afíns á mesma”.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here