InicioCentralBurelaO concelleiro de Turismo de Burela, Ramiro Fernández, presente en Fitur onde...

O concelleiro de Turismo de Burela, Ramiro Fernández, presente en Fitur onde espera bos resultados para a vila

O edil burelés contou que “estivemos xa hoxe na feira acompañados por empresarios de Burela, que tamén decidiron acudir para promover os seus negocios en Fitur”.

Publicada o

- Advertisement -

O concelleiro de Turismo, Ramiro Fernández, asiste en Madrid á Feira Internacional de Turismo, onde agarda resultados positivos tanto para Burela como para o conxunto da Mariña.

O edil burelés contou que “estivemos xa hoxe na feira acompañados por empresarios de Burela, que tamén decidiron acudir para promover os seus negocios en Fitur”.

Ramiro Fernández explicou que “por parte do Concello tivemos unha reunión cunha empresa de apps informáticas relacionadas co turismo. Foi unha primeira toma de contacto e vamos seguir falando para ver se podemos chegar a algún acordo. E asistimos tamén ao acto co presidente da Xunta”.

O concelleiro de Turismo dixo que “a partir de mañá participaremos nas actividades que ten organizadas a Mancomunidade de Concellos da Mariña, cun acto central que será o venres para presentar o Plan de Sustentabilidade Turística da Mariña. Tamén asistiremos a outras presentacións, como a da Deputación Provincial. Ademais faremos contactos para ver como está o sector e para que o turismo, que cada vez é maior en Burela, poida seguir aumentando”.

Fernández Rey engadiu: “iso é que estamos facendo en Fitur, que é a feira de turismo máis importante de Europa. O ambiente é moi bo, con moita presenza de xente. Este ano non ten nada que ver co anterior e esperamos que sexa moi positivo tanto para Burela, que é o que represento eu, como para o conxunto da Mariña porque iso é bo para todos os que formamos parte desta comarca”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...