Burela reparte 16.000 máscaras e test de antíxenos en centros educativos do concello

Carmela López engadiu que “tamén estamos preparando o reparto de máscaras para entidades que traballan con colectivos vulnerables e que realizan actividades que poidan ser sensibles á propagación".


O Concello de Burela reparte 16.000 máscaras e test de antíxenos nos centros educativos da vila. Na presentación da campaña participaron o alcalde, Alfredo Llano, e as concelleiras de Servizos Sociais e Igualdade, Carmela López e Noelia Mª Ben.

A edil de Servizos Sociais dixo que “como vimos facendo dende o comezo da pandemia, intentamos axudar achegando partidas de material sanitario para os nenos e nenas da nosa vila”.

Carmela López engadiu que “tamén estamos preparando o reparto de máscaras para entidades que traballan con colectivos vulnerables e que realizan actividades que poidan ser sensibles á propagación. É un xesto de axuda para sufragar o custo das máscaras, que polo momento, seguen sendo moi necesarias”.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here