InicioOccidentalViveiroMonitoras de Gaia imparten un taller de concienciación sobre reciclaxe en Burela

Monitoras de Gaia imparten un taller de concienciación sobre reciclaxe en Burela

A concelleira de Medio Ambiente, Toñi Eijo, subliñou que “é moi importante que o alumnado aprenda a importancia de reciclar xa que é un factor clave para o medio ambiente".

Publicada o

- Advertisement -

Re-ciclando foi o título a actividade que as monitoras do Centro Gaia realizaron onte, xoves, co alumnado de 1º de Primaria do Ceip Virxe do Carme.

As monitoras explicáronlles que é reciclar, as súas vantaxes e a forma de facelo correctamente a través dunha presentación, que complementaron coa proxección dun vídeo titulado Planeta verde non camión do lixo, editado por Sogama. Para rematar o alumnado puxo en marcha os coñecementos adquiridos nunha parte máis práctica clasificando diferentes residuos no contedor correspondente.

A concelleira de Medio Ambiente, Toñi Eijo, subliñou que “é moi importante que o alumnado aprenda a importancia de reciclar xa que é un factor clave para o medio ambiente, que dende pequenos se conciencien e aporten o seu grao de area porque o destino do planeta está nas súas mans e entre todos temos que conseguir ter un mundo cada vez mais sostible”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...