InicioCentralBurelaBurela organiza un novo rastro popular para poñer á venda obxectos que...

Burela organiza un novo rastro popular para poñer á venda obxectos que poderán ir de libros a discos entre outros

Realizarase co mesmo formato que se veu facendo desde o comezo desta iniciativa, que xa suma cinco anos desde a súa primeira edición no ano 2017.

Publicada o

- Advertisement -

A delegación de Cultura do Concello de Burela vén de anunciar que o vindeiro domingo 29 de maio terá lugar unha nova edición do rastro popular solidario, que se ubicará na praza da Mariña desde as 10 ata as 15 horas.

Realizarase co mesmo formato que se veu facendo desde o comezo desta iniciativa, que xa suma cinco anos desde a súa primeira edición no ano 2017. Poderanse expoñer ao público para a súa venda distintos artigos (agás alimentos) como libros, discos, roupa, accesorios, decoración ou artesanía.

O prazo de inscrición xa está aberto, debendo chamar á casa da xuventude nos números 982 581 141 ou 608 158 170, deixando os datos para formar parte do rastro.

O edil de Cultura, Jose Díaz, convidou a todas as persoas “a participar co único requisito de doar un quilo dalgún produto para o banco de alimentos de Burela, unha iniciativa que cumpre con tres obxectivos a un tempo: realizar unha acción solidaria para as persoas que máis o precisan, fomentar a economía circular dando unha segunda vida a multitude de cousas que xa non se empregaban, e ambientar un dos domingos das festas patronais da localidade”.

A última edición foi no ano 2021, aínda en pandemia, pero Díaz lembra que “chegaron a instalarase 18 postos, polo que agardamos poder contar este ano con moita participación e recuperar a motivación e ilusión da xente, coincidindo ademais co día posterior ao pregón na semana grande das festas patronais de Burela”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...