InicioCentralBurelaReunión do Concello de Burela con Portos e Augas de Galicia sobre...

Reunión do Concello de Burela con Portos e Augas de Galicia sobre as obras na EDAR

En concreto, realizarase unha nova canalización con novos colectores para adaptala ás necesidades actuais e resolver as deficiencias existentes, recollendo a maior parte das augas residuais para impulsalas cara á futura depuradora.

Publicada o

- Advertisement -

O alcalde de Burela, Alfredo Llano, mantivo esta mañá unha reunión con representantes de Portos de Galicia e Augas de Galicia para facilitar a través dun convenio de colaboración a execución da obra complementaria da EDAR de Burela.

Este documento que se asinará por parte das dúas entidades públicas empresariais e o Concello de Burela permitirá a licitación posterior das obras para acometer as reformas na Estación depuradora de augas residuais, imprescindible para a mellora do saneamento e a depuración do municipio.

En concreto, realizarase unha nova canalización con novos colectores para adaptala ás necesidades actuais e resolver as deficiencias existentes, recollendo a maior parte das augas residuais para impulsalas cara á futura depuradora.

Alfredo Llano subliñou “a boa sintonía entre as tres entidades, que compartimos un obxectivo común para atallar canto antes esta problemática e reforzar un servizo público imprescindible para Burela, seguindo os criterios técnicos pertinentes”, polo que “facilitaremos dentro das nosas posibilidades e competencias a posta en marcha deste proxecto”.

O primeiro paso consistirá na firma do convenio de colaboración a proposta de Augas de Galicia, que permitirá a licitación da obra para a súa posterior execución. “Agardamos que se axilicen todos os trámites para ver o resultado canto antes”, finalizou Llano.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...