Nenos e nenas aprenden a reciclar con material de refugallo no CEIP Virxe do Carme de Burela

As sesións comezaron este mércores e finalizarán mañá, cun total de tres obradoiros no que o alumnado fixo estes dinosaurios, en cada aula distintos, para complementar e ambientar os espazos do centro de ensino cun doble obxectivo, fomentar a creatividade e inculcar valores de aproveitamento e reciclaxe dos materiais que non se van empregar máis.


As monitoras da aula Gaia dependente da delegación de Medio ambiente do Concello de Burela están a realizar visitas ao Ceip Virxe do Carme nesta semana con motivo do Día Mundial da Reciclaxe, que se celebra o 17 de maio, para poñer en práctica obradoiros de manualidades con materiais de refugallo.

Aproveitando a temática da decoración do colexio, “Escola xurásica”, os pequenos e pequenas elaboraron con rollos de papel hixiénico e pinturas unha figura con forma de dinosaurio.

As sesións comezaron este mércores e finalizarán mañá, cun total de tres obradoiros no que o alumnado fixo estes dinosaurios, en cada aula distintos, para complementar e ambientar os espazos do centro de ensino cun doble obxectivo, fomentar a creatividade e inculcar valores de aproveitamento e reciclaxe dos materiais que non se van empregar máis.

As monitoras de Gaia foron compartindo coas nenas e nenos conceptos importantes ao longo destes obradoiros de manualidades, tratando de que integren nos seus hábitos a reutilización dos recursos dun xeito divertido e dinámico, e que estas nocións lles podan dar ideas para empregar con outros materiais ou obxectos.

Esta actividade enmárcase dentro da programación Gaia para o curso lectivo 2021-2022, con multitude de propostas aos centros educativos tendo como fundamento a educación medioambiental.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here