Tickets en italiano para esperar vez no Hospital de Burela

"É il mio turno" indica o ticket que leva a orde "Tirare".


Unha usuaria do Hospital de Burela descubriu que o ticket de quenda que sacara en Atención ao Paciente estaba escrito en italiano.  “É il mio turno” pon no papel que remata cun “tirare”.
Os feitos sucederon este pasado mércores cando unha usuaria se achegou á área de Atención ao Paciente. Na máquina expendedora de tickets para coller vez retirou o papeliño co seu número.
Nun principio só observara o número de quenda “E 16”. Non obstante, a usuaria en vista do tempo que tardaba en ser atendida, mirou con máis calma o papel caendo na conta de que estaba escrito en italiano.
Para algúns usuarios das redes sociais este feito non é unha anécdota nin un erro informático. Algúns van máis alá apuntando que se trata “dun agravio para a memoria de Adelina García, que normalizara no seu día a sinalización interior e mesmo os menús”.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here