Piden máis de 4.000 euros de multa ao concelleiro do BNG burelés que pedira o voto ao seu partido en xornada de reflexión

O edil da formación frontista está acusado dun delito electoral por parte de Fiscalía. A vista xudicial está prevista para este luns día 13 na Audiencia Provincial de Lugo.

Ana Pontón. AXM

O concelleiro do BNG no Concello de Burela enfróntase a unha petición dunha multa de 4.320 euros por pedir o voto para a candidata nacionalista Ana Pontón na xornada de reflexión das eleccións autonómicas celebradas en xullo de 2020.

O edil da formación frontista está acusado dun delito electoral por parte de Fiscalía. A vista xudicial está prevista para este luns día 13 na Audiencia Provincial de Lugo.

O Ministerio Público considera que o concelleiro cometeu un delito electoral ao publicar unha mensaxe no seu perfil persoal de Facebook no que pedía o voto para a candidata do Bloque á Presidencia da Xunta nas eleccións que tiveron lugar o 12 de xullo de 2020.

En concreto, segundo o escrito de acusación, o edil do BNG subiu a mensaxe acompañada dunhas imaxes de Pontón e da cabeza de lista pola provincia de Lugo, Olalla Rodil.

Para Fiscalía, os feitos son constitutivos dun delito electoral porque forman parte dunha acción de propaganda política “dirixida a persuadir aos cidadáns para que emitan o seu voto a favor dun candidato”.

Así, considera que o cargo vulnerou co seu comportamento a doutrina da Lexislación Electoral e da Xunta Electoral Central que impide pedir o voto durante a xornada de reflexión.

2 COMMENTS

  1. Mi madriña como se están a poñer os bloqueiros pataqueiros, comparado con este crime a foto de Juanma I de Al-Andalus co Felipe VI da Hespanha é “pataca minuta” dicía aquel lexendario “presi” do “Compos”. A Juanma I de Al-Andalus halle chegar con pedir perdón. É que dan noxo!!!

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here