InicioCentralBurelaA bandeira "Sendeiro Azul" xa foi izada en Burela en recoñecemento da...

A bandeira “Sendeiro Azul” xa foi izada en Burela en recoñecemento da Ruta do Litoral

O galardón outorgado este ano 2022 ao Concello de Burela distingue a.o municipio pola protección e educación medio ambiental

Publicada o

- Advertisement -

Esta mañá o alcalde de Burela, Alfredo Llano, e a concelleira de Medio Ambiente, Toñi Eijo, izaron a bandeira que recoñece ao municipio co galardón “Sendeiro Azul” outorgado pola Asociación de Educación Ambiental e do Consumidor (ADEAC).

O recoñecemento concedido neste ano 2022 destaca a “Ruta do Litoral Burelés” que descorre ao longo da costa burelá, entre as praias do Cantiño e a Marosa, poñendo en valor unha vez máis a localidade no contexto comarcal, provincial, autonómico, nacional e internacional, como punto de referencia na protección e educación ambiental.

Ademais, tamén vén a destacar a calidade da prestación de servizos e o desenvolvemento sostible do sector turístico a través de prácticas que fomentan o coidado do medio ambiente.

Tanto Llano como Eijo quixeron facer un agradecemento á ADEAC, sen esquecer “a todo o persoal desta administración local, socorristas, Protección Civil, Policía Local, e monitoras do Centro de Educación Medio Ambiental Gaia polo seu labor”, agradecendo tamén a “toda a veciñanza burelá e a todas as persoas que nos visitan acotío o seu compromiso e o seu bo actuar”.

Neste senso, hai semanas que a ADEAC destacou tamén a Burela entre os tres mellores concellos en educación e información mediombiental de toda España, unha distinción que se fundamenta no traballo constante do concello por inculcar nos distintos sectores da poboación a perspectiva da ecoloxía e o respecto ao medio.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...