InicioCentralBurelaO CB Burela recibe os parabéns do alcalde e do edil de...

O CB Burela recibe os parabéns do alcalde e do edil de Deportes logo dos resultados obtidos en 2022

O alcalde de Burela, Alfredo Llano, destacou do CB Burela “saber transmitir desde as categorías inferiores a importancia do deporte e de valores como o xogo en equipo, o esforzo e a deportividade, facendo que sintamos en Burela moito orgullo pola traxectoria do club e pola constancia e compromiso das xogadoras e xogadores que compiten en categorías inferiores e que, de seguro, terán un bo futuro e levarán o nome deste pobo alá a onde vaian”.

Publicada o

- Advertisement -

O alcalde de Burela, Alfredo Llano, e o tenente de alcalde e concelleiro de Deportes, Ramiro Fernández, recibiron no consistorio aos equipos do CB Burela que se alzaron co título provincial e galego nesta tempada 2022.

En concreto, o equipo preinfantil masculino, Frigomar Burela, proclamouse campión galego desta tempada tras impoñerse no pavillón municipal de Tui ao Basket Coruña. Pola súa banda, as xogadoras da Academia A Mariña Burela gañaron ao Viveiro no derbi mariñao, facéndose campioas provinciais en alevín feminino, un título provincial que o club sumou ao galardón da liga autonómica.

Finalizaron así unha “magnífica tempada na que Burela volve a ser referencia a nivel deportivo, tanto en categorías masculinas coma femininas”, subliñou o edil de Deportes, Ramiro Fernández, trasladando os parabéns aos dous equipos, á directiva e en xeral a todo o club, “así como aos adestradores e familias que fan posible que os nenos e nenas sentan paixón e motivación polo baloncesto”.

Alfredo Llano felicitou tamén ao CB Burela “por saber transmitir desde as categorías inferiores a importancia do deporte e de valores como o xogo en equipo, o esforzo e a deportividade, facendo que sintamos en Burela moito orgullo pola traxectoria do club e pola constancia e compromiso das xogadoras e xogadores que compiten en categorías inferiores e que, de seguro, terán un bo futuro e levarán o nome deste pobo alá a onde vaian”.

Nesta recepción aproveitaron para facerlles entrega dun cadro coas fotos do día da fase final na que se fixeron cos títulos de campións galegos e campioas provinciais.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...