InicioCentralBurelaBurela entrega os premios aos lemas e debuxos polo Día para Eliminación...

Burela entrega os premios aos lemas e debuxos polo Día para Eliminación da Discriminación Racial

No acto de entrega de premios estiveron o alcalde de Burela, Alfredo Llano, e a edil de Inmigración, Cooperación e Integración, Noelia Mª Ben, que felicitaron aos premiados pola súa participación “nestes concursos que son necesarios para transmitir a través da expresión escrita ou gráfica a educación libre de discriminacións raciais, a igualdade de trato e a integración e inclusión de todas as persoas que vivimos aquí”.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Burela, a través da Concellería de Inmigración, Cooperación e Integración, vén de facer a entrega de premios dos concursos de Lemas e Debuxos e Pintura que se organizan con motivo da conmemoración do Día Internacional para a Eliminación da Discriminación Racial, e que xa van pola oitava edición.

O primeiro premio do concurso de lemas foi para María Oroza Oroza, polo lema “Nun mundo tan particular, ó diferente respetar”, conseguindo un lote valorado en 60 euros.

No caso do certame de debuxo e pintura, o gañador da terceira categoría para participantes de 18 anos en adiante foi José López Losada, indo o segundo premio para a Asociación Saúde Mental A Mariña, con lotes valorados en 50 euros e 30 euros respectivamente.

No acto de entrega de premios estiveron o alcalde de Burela, Alfredo Llano, e a edil de Inmigración, Cooperación e Integración, Noelia Mª Ben, que felicitaron aos premiados pola súa participación “nestes concursos que son necesarios para transmitir a través da expresión escrita ou gráfica a educación libre de discriminacións raciais, a igualdade de trato e a integración e inclusión de todas as persoas que vivimos aquí”, lembrando “a tremenda riqueza cultural que hai en Burela por contar con multitude de nacionalidades no municipio”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...