IniciosociedadeFoz acollerá unha mostra e dúas charlas sobre as Forzas Armadas

Foz acollerá unha mostra e dúas charlas sobre as Forzas Armadas

A exposición, no Cenima do 18 ao 25 de xuño, mostra o traballo do exército contra a piratería en Somalia

Publicada o

- Advertisement -

O Cenima de Foz acollerá a vindeira semana unha exposición e dúas conferencias sobre as Forzas Armadas. Son actividades que ofrecerá o Ministerio de Defensa en colaboración co Concello.

A mostra fotográfica ‘Misión Atalanta. Loita contra a piratería no Índico‘, que consta de 37 imaxes e seis carteis, abrirase o vindeiro luns, ás 20.00 horas, e poderase ver ata o 25 de xuño, de 09.00 a 15.00 horas. Retrata unha misión que comezou no 2009 nas augas do Golfo Pérsico, fronte ás costas de Somalia. “Foi moi perigosa”, explicou na presentación o Coronel de Infantería e Subdelegado de Defensa en Lugo, Carlos Boado Quijano, “pola incidencia de grupos yihadistas e de mafias que impiden a axuda sanitaria”.

“CERCANÍA AOS CIDADÁNS”

A exposición servirá, segundo Boado Quijano, “para achegar as Forzas Armadas aos cidadáns, que coñezan o que facemos, porque creo ademais que é o seu dereito”. Con este mesmo obxectivo se ofrecerán as charlas. A primeira delas versará sobre as tarefas humanitarias realizadas polos 3.100 militares desprazados, e será o día da inaguración da mostra fotográfica. A segunda, o venres 22, a partir das 19.00 horas, tratará sobre o papel da muller no exército.

O alcalde de Foz, Javier Castiñeiras, agradeceu a iniciativa e destacou “a labor colaborativa e humanitaria do exército, que sempre está aí, sempre cun perfil baixo e sen ánimo de destacar”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...