PP e veciños de Forxán critican o abandono das áreas recreativas de Peizás e Bispo Santo en Foz

Reclaman ao goberno local "máis mantemento" nestas zonas.

Mesa na área de Bispo Santo, en Foz / PP

O Partido Popular de Foz manifestou o seu apoio ás reivindicacións dos veciños de Forxán, que lamentan o mal estado e o abandono das áreas recreativas de Bispo Santo e a praia de Peizás.

Por este motivo, reclaman ao goberno local “máis mantemento” nestas zonas, dado que durante os pasados fins de semana o “numeroso público” que pasou polas mesmas tivo que ver o seu “estado de abandono”.

O portavoz popular, Javier Castiñeira, cargou as tintas sobre a “área municipal de Medio Rural, que leva o BNG”, que vai “en sintonía co traballo do bipartito”, que “desde hai dous anos decidiu practicamente non facer mantemento das zonas verdes”.

Os populares solicitaron na última sesión plenaria ao executivo local “que pinte o equipamento de madeira destas zonas: bancos, xardineiras, varandas ou pasarelas, porque están “en moi mal estado”.

Ademais, os concelleiros populares comprobaron que “a herba está alta e sen rozar” e algúns de “os bancos e mesas de pedra están rotos”.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here