“Mariñas, marosas e maruxainas”… unha exposición de recoñecemento ás mulleres da Mariña

É unha mostra que pretende darlle recoñecemento ás mulleres da Mariña, aos sentimentos que o mar provoca nos veciños e a gran biodiversidade que hai no medio mariño

As mulleres de Marco da Pena cociñan a enfariñada. CONCELLO DE TRABADA

O vindeiro martes día 8, ás 11:00 horas, terá lugar no CENIMA de Foz a presentación do proxecto Amar a mar: mariñas, marosas e maruxainas. Este proxecto, encadrado no 50 aniversario do Museo Provincial do Mar de San Cibrao, é produto dun traballo feito entre os concellos da Mariña, o tecido asociativo e o eido educativo.

A mostra está formada por varias exposicións. A primeira pretende ser un espazo de visualización e recoñecemento das mulleres da Mariña. A segunda é unha mostra fotográfica que consiste nun retrato sensorial da Mariña. A terceira é unha representación da biodiversidade a través dunha colección de malacoloxía e algas.

Este acto contará coa presenza de Maite Ferreiro, vicepresidenta da Deputación de Lugo; de Francisco Cajoto, alcalde do Concello de Foz; de Xavier Fanego, tenente de alcalde e concelleiro de Patrimonio, medio ambiente, medio rural e mar; e de Encarna Lago, xerente da Rede Museística da Deputación de Lugo. Ademais farse unha homenaxe ás mulleres fotografadas no proxecto.

Unha vez rematado o acto, esta exposición quedará aberta ao público, de acordo coas normas establecidas respecto aos aforos e ás normas sanitarias vixentes.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here