InicioEconomíaO Concello de Foz inicia melloras na rúa Prado Vello e no...

O Concello de Foz inicia melloras na rúa Prado Vello e no Camiño da Cadra

Estas dúas obras supoñen un investimento de algo máis de 17.000 euros.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Foz está mellorando a rúa Prado Vello, en Marzán, e o Camiño da Cadra con cargo a remanentes do Plan Único 2020.

O alcalde, Fran Cajoto, explica que “as obras consisten na limpeza de foxos laterais e varrido da superficie, extensión dunha capa de aglomerado en quente de 5 centímetros de espesor” e pintado e colocación de sinalización vertical nos viais.

Tamén se realizarán actuacións adicionais nas vías como a colocación dunha rexa de sumidoiro no Camiño da Cadra, de forma que se eviten acumulacións de auga.

O rexedor municipal destaca: “traballamos nos detalles e preocúpanos moito a xestión responsable e honesta dos fondos públicos. Desde que entramos no goberno empréganse remanentes das adxudicacións do Plan Único en novas contratacións, o cal non acontecía anteriormente”.

Estas dúas obras supoñen un investimento de algo máis de 17.000 euros.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...