InicioCentralFozHomenaxe ao persoal esencial durante a pandemia este venres en Foz

Homenaxe ao persoal esencial durante a pandemia este venres en Foz

A homenaxe servirá, segundo o concelleiro Carlos García, “para recordar o importante que foi pasar xuntos e unidos como sociedade esa época tan complicada e que vai marcar un antes e un despois nas vivencias da Mariña e da sociedade en xeral”.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Foz organiza unha homenaxe aos profesionais esenciais durante a pandemia. Será este venres día 17, ás oito da tarde no Campo da Cabana, concretamente na praza Rosalía de Castro.

O acto, promovido pola Concellería de Relacións Institucionais e Axenda2030, consistirá no descubrimento dun monólito en tributo aos profesionais esenciais na pandemia. Estarán sanitarios, persoal de asistencias, membros das forzas e corpos de seguridade do Estado, Policía Local, Protección Civil e traballadores de supermercados e de industrias esenciais.

O alcalde de Foz, Fran Cajoto, pronunciará unhas palabras e haberá tamén unha peza musical interpretada con gaita galega “para recordar o importante que foi pasar xuntos e unidos como sociedade esa época tan complicada e que vai marcar un antes e un despois nas vivencias da Mariña e da sociedade en xeral”, explica o concelleiro de Relacións Institucionais, Carlos García.

O Concello de Foz móstrase tremendamente agradecido a todos estes profesionais e “hai que poñer en valor que nos momentos máis complicados e máis escuros para o noso devir os servizos públicos garantiron o noso futuro. Esa resiliencia que mostraron foi fundamental para que puideramos superar en gran medida esa situación complicada, que poidamos mirar ao futuro con un pouco máis de optimismo e que deamos pasos cara a unha normalidade que nos dea benestar e máis prosperidade”, engade Carlos García.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...