O BNG de Foz oponse ao proxecto eólico Borrasca e ás “autoestradas” de acceso aos muíños

O impacto afectaría a "nove espazos no noso concello considerados hábitats de interese comunitario prioritario po la Unión Europea, e tres Bens de Interese Cultural, dous deles que quedarían no medio do parque".

Eólicos. AXM

Nun comunicado de prensa o BNG de Foz acredita que “o proxecto Borrasca deseñado por Greenalia, é un proxecto cun impacto ambiental descomunal como son os aeroxeradores de 180 m”. A isto engádelle que as “autoestradas” de acceso e as torres de evacuación impactarán tamén sobre as tres Áreas da Rede Natura do concello.

O impacto afectaría a  “nove espazos no noso concello considerados hábitats de interese comunitario prioritario po la Unión Europea, e tres Bens de Interese Cultural, dous deles que quedarían no medio do parque”.

Para o BNG de Foz, o parque podería estar intentando obviar unha avaliación máis rigorosa, “a dun impacto ambiental xigantesco po la sua vinculación directa cos parques Ventisca e Boura”. Sinalan ademais que o proxecto non se axusta ao denominado Plan Sectorial Eólico de Galicia, “instrumento obsoleto pero vixente ao ficar no seu conxunto fora das chamadas Areas de Desenvolvemento Eólico”.

Reclaman que a produción eólica tanto en Galicia como no resto do Estado, estea fundamentada en criterios de proporcionalidade, racionalidade e equilibrio xunto con garantías de protección do patrimonio natural, cultural e paisaxístico “respectando o desenvolvemento e mantemento de actividades de aproveitamento agrícola e forestal”.

Por este motivo propoñen o rexeitamento ao PE Borrasca “polo grave impacto no Concello de Foz nos seus espazos naturais, patrimoniais, e paisaxísticos sobre a Mariña e por incumprimento da normativa da Xunta de Galcia”. A isto súmanlle a evidente “fragmentación artificial de parques nas avaliacións ambientáis dos denominados Borrasca, Ventisca e Boura en tramitación”.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here