Xornadas de tapeo en Foz para a Ponte dos Santos

Organizadas por AciaFozCCA, as Xornadas de Tapeo de Carne de Poldro celebraranse os días 30 e 31 na Ponte de Santos.


AciaFozCCA organiza unhas Xornadas de Tapeo de Carne de Poldro que se celebrarán os días 30 e 31 na Ponte de Santos.

Un total de quince establecementos hostaleiros participan nesta iniciativa ofrecendo tapas gratuítas con cada consumición.

Os locais que ofrecerán as súas preparacións con carne de poldro son: A Rambla- Pachán, A Viela, Anduriña, As Brasas, Augas Santas, Casa Damián, Dandy, Hotel Oca, O Lar, O Muelle Bar, Pizzería Xoiña, Portochico, Tangarte e Xoyma.

AciaFozCCA quere potenciar deste xeito a oferta gastronómica cun produto de calidade nunhas preparacións que poden resultar novidosas. O presidente, José Carlos Paleo, anima a focenses e visitantes “a saborear as propostas con carne de poldro de pura raza galega que vai elaborar a nosa hostalería durante a última fin de semana deste mes de outubro”.

Colaboran con esta campaña: o Concello de Foz, ImpulsaFoz, Xunta de Galicia e Asociación Pura Raza Galega.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here