InicioCentralFozO Concello de Foz reclama máis médicos aínda que ve positiva a...

O Concello de Foz reclama máis médicos aínda que ve positiva a ampliación do centro de saúde

O alcalde de Foz explica que “nunha reunión no propio centro de saúde co Coordinador dos Servizos Técnicos da Área Sanitaria de Lugo, a comezos do mes de febreiro, tratamos a necesidade de ampliar o centro, especialmente para a reubicación da base do 061, que está nunhas condicións máis que precarias".

Publicada o

- Advertisement -

O alcalde de Foz, Fran Cajoto, valora de forma positiva o anuncio de ampliación do centro de saúde, pero pide que se dote de médicos, ante as listas de agarda inadmisibles.

“O centro de saúde de Foz é evidente que necesita unha reforma. O espazo é reducido: para facer as probas PCR ou antíxenos o Concello instalou unha carpa na entrada sufragada con fondos municipais. Se non fose así os sanitarios terían que facer o seu traballo á intemperie”, indica Fran Cajoto.

O rexedor municipal explica que “nunha reunión no propio centro de saúde co Coordinador dos Servizos Técnicos da Área Sanitaria de Lugo, a comezos do mes de febreiro, tratamos a necesidade de ampliar o centro, especialmente para a reubicación da base do 061, que está nunhas condicións máis que precarias”.

Cajoto destacou que se solicitou ao Sergas que na propia parcela do centro tamén haxa estacionamento en condicións para os usuarios do centro de saúde. “Agardamos que a ampliación do centro de saúde non se converta nunha nova depuradora, que todos os anos se orzamenta e nunca se executa” finalizou o alcalde.

Cajoto engade que “sen embargo, a preocupación dos veciños non é polo edificio en si senón pola propia atención sanitaria. Estamos vendo como se están prolongando as listas de agarda”. O alcalde de Foz declara que a atención telefónica non se pode tolerar porque é imposible facer unha diagnose sen auscultar como corresponde ao paciente.

Neste sentido o alcalde de Foz anuncia o apoio ás reivindicacións da Plataforma SOS Sanidade Pública de Galicia e á manifestación convocada para o 14 de novembro en Santiago co lema Salvemos a atención primaria porque “a atención primaria estase deteriorando a pasos axigantados”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...