InicioCentralFozAprobada en Foz a oferta de emprego público cunha vacante de policía...

Aprobada en Foz a oferta de emprego público cunha vacante de policía local

O rexedor municipal explica tamén que “o decreto será remitido á AGASP para cubrir a praza na vindeira convocatoria, conforme ao convenio que asinamos ao pouco tempo de chegar ao goberno".

Publicada o

- Advertisement -

O alcalde de Foz, Fran Cajoto, aclarou hoxe, martes, que “a oferta de emprego público coa vacante de policía local pendente de cubrir foi aprobada na mesa de negociación do día 27 de outubro, coa proposta feita o 11 de outubro, antes do plenario”.

O rexedor municipal explica tamén que “o decreto será remitido á AGASP para cubrir a praza na vindeira convocatoria, conforme ao convenio que asinamos ao pouco tempo de chegar ao goberno. Grazas ao traballo feito xa cubrimos as dúas prazas que deixara vacante o anterior alcalde, o señor Castiñeira, e completaremos a plantilla na seguinte convocatoria”. Ademais o Concello mercou un sonómetro e solicitou da Dirección Xeral de Tráfico un etilómetro para completar o equipamento e dotar á Policía Local cos medios necesarios.

En canto ás preguntas nos plenos da corporación municipal de Foz, Fran Cajoto manifesta que “son contestadas sempre en tempo e forma, aínda que ao señor Castiñeira a maioría das veces parece que non lle gustan as respostas. Nós fuximos do espectáculo que pretende promover o voceiro do PP, pero seguiremos respondendo porque é a nosa obriga e as veciñas e veciños de Foz merecen saber a verdade”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...