O Concello de Foz crea un vídeo contra a violencia de xénero para ser emitido na TVG

A concelleira delegada de Muller, Ana Rojo, destacou que “para a gravación deste spot contamos coa colaboración desinteresada de moitas mulleres focegas, que se achegaron dende todas as parroquias e barrios grandes do noso concello".

FRAN CAJOTO E ANA ROJO

O Concello de Foz, coa colaboración de mulleres de todas as parroquias do municipio, gravou onte un spot contra a violencia de xénero, que se emitirá na TVG do 22 ao 25 deste mes.

A concelleira delegada de Muller e Igualdade, Ana Rojo, explicou que “con motivo da celebración do 25 de novembro, Día Internacional Contra a Violencia de Xénero, vimos de gravar o pasado domingo un spot para a TVG, a modo de condena e rexeitamento á violencia machista”. Rojo tamén engadiu que este vídeo é para concienciar á sociedade “desta lacra social que afecta e sofren de maneira alarmante moitas mulleres todo o mundo, incluíndo o noso país e tamén a nosa autonomía”.

Ana Rojo destacou que “para a gravación deste spot contamos coa colaboración desinteresada de moitas mulleres focegas, que se achegaron dende todas as parroquias e barrios grandes do noso concello”.

A pretensión era visibilizar unha ampla representación das veciñas dentro de diversas profesións como camareiras, caixeiras, sanitarias, limpadoras, mestras, traballadoras do Concello, da gardería, da residencia e dos centros de día, hostaleiras, concelleiras da corporación, mulleres inmigrantes, voluntarias, amas de casa, xubiladas ou estudantes.

Un abano de profesións, colectivos e asociacións e tamén de idades comprendidas entre os 6 anos, que ten a máis pequeniña, até cerca dos 80 anos. “Todas elas colaboraron de maneira activa e desinteresada”.

Ana Rojo destacou que “no nome do alcalde, dos compañeiros de goberno municipal e no meu propio queremos transmitirlles o noso agradecemento a todas e cada unha das participantes. Unha vez máis as mulleres de Foz alzaron a voz contra a violencia machista”.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here