InicioCentralFozAmpliación de horarios na Biblioteca Municipal de Foz

Ampliación de horarios na Biblioteca Municipal de Foz

“Queremos dar un impulso á cultura e á lectura, para o que estamos preparando distintas iniciativas e actividades que iremos dando a coñecer”, engadiu a concelleira Inés López Couto.

Publicada o

- Advertisement -

A biblioteca pública municipal Salgado Toimil, de Foz, amplía o seu horario, desde o vindeiro luns, día 13 de decembro. A tenente de alcalde e concelleira de Cultura en Foz, Inés López Couto, explica que “a biblioteca manterá abertas as súas portas en horario de mañás de luns a venres de 8.30 a 14.20 horas e en horario de tardes de luns a xoves de 15 a 20 horas. Isto resulta posible grazas a que o Concello vén de cubrir unha baixa no persoal adscrito á biblioteca a través da bolsa de emprego”.

O servizo de biblioteca en horario de tardes é moi demandado, tanto por aqueles que non poden acudir ao servizo de préstamo polas mañás -entre os que están todas as nenas e nenos, en xornada lectiva- como polos estudantes de oposicións ou carreiras universitarias.

Estamos traballando para continuar mellorando o servizo, pero polo momento as tardes dos venres a biblioteca permanecerá pechada porque na actualidade, polos protocolos COVID establecidos, a Casa da Cultura está ocupada os venres á tarde polas actividades da Escola Municipal de Música Arcadio Mon” sinala a concelleira.

“Queremos dar un impulso á cultura e á lectura, para o que estamos preparando distintas iniciativas e actividades que iremos dando a coñecer”, engadiu Inés López Couto.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...