Unha aplicación no CENIMA de Foz permitirá consultar fotos antigas do concello

O concelleiro Chema Linares engade que “esta actuación estamos seguros que vai gustar a todos os veciños, aos que animamos a visitar A Mariña Virtual e súas aplicacións. E únese a outras previstas, como a reparación e mellora das fotos expostas enfronte da Casa da Xuventude”.


O Concello de Foz vén de poñer en marcha unha nova aplicación no CENIMA (Centro de Interpretación da Mariña), que se une ás xa existentes, como a de realidade aumentada patrimonial ou de recreación histórica. Denomínase O paso do tempo con intelixencia artificial, unha pantalla na que se poden visualizar as fotos que estiveron expostas no CENIMA antes da creación da Oficina Virtual de Turismo e onde se reviven momentos do pasado a través de escenas cotiás e os ambientes de Foz en décadas pasadas, anuncia o concelleiro de Turismo Chema Linares.

O edil explica que “esta aplicación foi realizada por Ilux Virtual Tegnology, a mesma empresa que fixo o proxecto de A Mariña Virtual e que se encarga do mantemento e asistencia técnica en todas as aplicacións. Tratamos así de recuperar, conservar e preservar o noso patrimonio inmaterial, onde podemos ver imaxes do noso pobo, da nosa xente, que foron melloradas grazas a procesos baseados en intelixencia artificial e redes neuronais”.

Chema Linares engade que “esta actuación estamos seguros que vai gustar a todos os veciños, aos que animamos a visitar A Mariña Virtual e súas aplicacións. E únese a outras previstas, como a reparación e mellora das fotos expostas enfronte da Casa da Xuventude”.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here