InicioCentralFozA praza de policía local de Foz vacante está na convocatoria da...

A praza de policía local de Foz vacante está na convocatoria da Axenda Galega Pública

Foz é un dos novos concellos que se relacionan, incluíndo por tanto a praza vacante que se recollía na oferta de emprego público do Concello do ano 2021, aprobada e enviada o pasado mes de novembro.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Foz anuncia que a praza de policía local de Foz vacante está incluída dentro da convocatoria da Axencia Galega para a Seguridade Pública do próximo xoves, 20 de xaneiro.

No Diario Oficial de Galicia deste xoves, día 13 de xaneiro, saíu publicada unha resolución da Axencia Galega de Seguridade Pública na que se aumentan as prazas convocadas para policías locais por acceso libre de 29 a 70 prazas. Foz é un dos novos concellos que se relacionan, incluíndo por tanto a praza vacante que se recollía na oferta de emprego público do Concello do ano 2021, aprobada e enviada o pasado mes de novembro.

O alcalde, Fran Cajoto, está “moi satisfeito pola vindeira convocatoria. O primeiro exame será xa o próximo xoves, 20 de xaneiro, e poder completar o cadro de persoal da Policía Local conforme á Relación de Postos de Traballo era unha das nosas teimas e vaise facer efectivo este ano. Cando chegamos ao goberno había soamente 7 efectivos, incluíndo o oficial, e chegaremos aos 9 da RPT durante este ano 2022. Así, coas dúas recentes incorporacións e o axente que se sumará, poderemos continuar coa quenda de tarde e ofrecer un servizo máis completo”.

O rexedor municipal engade que “non só en número de axentes, incidimos tamén nos procedementos, organización e equipamento da Policía Local. Aos poucos meses de chegar á Alcaldía asinamos o convenio de selección coa Axencia Galega de Seguridade Pública, agora a Policía dispón de equipo de medición de ruídos -sonómetro- e de control de alcoholemia -etilómetro-, este último cedido pola Dirección Xeral de Tráfico, cos que antes non contaba. Cunha reorganización do servizo dispuxemos sempre un mínimo de dous axentes por quenda, para facer máis seguro o traballo tanto para os axentes como para as veciñas e veciños. Sempre incidimos en que o principal cometido da Policía non é multar senón axudar aos cidadáns en infinidade de cuestións”.

“Os feitos están aí. En novembro do ano pasado o Partido Popular acusábanos falsamente de deixamento e incompetencia neste asunto. A praza está convocada e como goberno a nosa responsabilidade é seguir traballando”, remata Fran Cajoto.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...