InicioCentralFozCurso de iniciación ao Excel para comercio organizado por ACIA Foz e...

Curso de iniciación ao Excel para comercio organizado por ACIA Foz e a Aula da UNED

Serán 10 horas lectivas de formación, que se impartirán na Aula da Uned, de 20:30 a 22:00 horas os días 14, 17, 21 e 24 de febreiro.

Publicada o

- Advertisement -

AciaFozCCA e a Aula da Uned de Foz ofertan un curso de iniciación a Microsoft Excel aplicado ao comercio, que será gratuíto para todos os asociados e asociados que elixan a modalidade presencial.

Serán 10 horas lectivas de formación, que se impartirán na Aula da Uned, de 20:30 a 22:00 horas os días 14, 17, 21 e 24 de febreiro.

Desde a Aula da Uned sinalan que “o uso de follas de cálculo é unha habilidade imprescindible na maioría das actividades laborais. O manexo básico deste tipo de ferramentas é practicamente unha esixencia no proceso de alfabetización dixital”.

Este curso pretende ensinar habilidades básicas, profundando nas funcionalidades das follas de cálculo, facendo fincapé en aspectos profesionais e complexos que lle permitan ao comerciante unha extracción máis áxil e refinada da información sustentada polos seus datos. David Ainse García, formador ocupacional do INEM, será o encargado de impartir o devandito curso.

O presidente de AciaFozCCA, José Carlos Paleo, anima a asistir: “a formación é sempre moi importante, de aí que nos pareza interesante este curso da Aula da Uned de Foz, que está destinado ao comercio. AciaFozCCA vai costear a matrícula das asociadas e dos asociados que acudan de xeito presencial”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...