InicioCentralFozCiclos superiores de Foz coñecen as ofertas e oportunidades laborais de Paradores...

Ciclos superiores de Foz coñecen as ofertas e oportunidades laborais de Paradores de España

O IES de Foz solicitou continuar ofertando o vindeiro curso o Ciclo Superior de Dirección de Servizos na modalidade dual coa empresa Paradores, ofrecendo a posibilidade de realizar prácticas remuneradas durante seis meses en calquera establecemento dos que esta empresa hostaleira estatal ten Galicia.

Publicada o

- Advertisement -

Alumnado dos ciclos superiores de Dirección de Cociña e de Dirección de Servizos do IES de Foz asistiu hoxe, mércores, a unha charla informativa para a presentación da empresa Paradores de España. Esta actividade encádrase dentro da colaboración do centro con esta firma hostaleira estatal.

Durante a actividade o alumnado tivo a oportunidade de coñecer da man do director do Parador de Ribadeo e Vilalba, Antonio Graña, e do maître do Parador ribadense, Alejandro Lara, o modelo de xestión da empresa e as posibilidades de emprego e desenvolvemento profesional dentro dela.

O director do IES de Foz, Nicolás Asensio, explica que “Paradores é unha empresa estatal, con case cen anos de historia e 98 establecementos por toda España, trece deles en Galicia. Incorporaron recentemente dous programas de captación de talento que permite tanto ao noso alumnado como aos seus traballadores internos a posibilidade de escalar no organigrama empresarial”.

O IES de Foz solicitou continuar ofertando o vindeiro curso o Ciclo Superior de Dirección de Servizos na modalidade dual coa empresa Paradores, ofrecendo a posibilidade de realizar prácticas remuneradas durante seis meses en calquera establecemento dos que esta empresa hostaleira estatal ten Galicia.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...