InicioCentralFozACIA Foz organiza o Día do Pai e da Nai cunha campaña...

ACIA Foz organiza o Día do Pai e da Nai cunha campaña que regalará 15 soldos

O presidente de AciaFozCCA, José Carlos Paleo, anima “a facer as compras no comercio do noso pobo, por proximidade, por trato, por asesoramento personalizado… todo iso ademais terá un importante premio para quince persoas o vindeiro 4 de maio”.

Publicada o

- Advertisement -

AciaFozCCA regalará 15 soldos por mercar en Foz. Son 6.000 euros en vales de compra os que destina ás campañas do día do pai e da nai. Todas aquelas persoas que fagan as súas compras nos establecementos asociados a AciaFozCCA desde o pasado 11 de marzo e ata o vindeiro 1 de maio entrarán no sorteo de 5 soldos mensuais de 100 euros e 10 soldos mensuais de 50 euros, que as afortunadas e os afortunados poderán gastar entre os meses de xuño e novembro.

Un total de 45 establecementos comerciais participan nesta importante campaña de AciaFozCCA. Son: Hola Ola, 5 Lobiños, Don Zapato, Ginzo Hombre, Ginzo Mujer, Dermoterapia Centro de Estética, Vas’s Outlet, Longarela, Chinela Nenos, Lourdes Moda Íntima, Chuvia, María Docampo, Ferretería Fuente, Kukadas, Electricidad Núñez, Tien 21, Alain Afflelou Centro Óptico, Xoguetería Bahía, Libraría Bahía, Ofifoz, N1 Zapatillas, Sueños, Vas’s, Viajes Rodríguez, Cenor Belianorte, Mercería Vera, La Flor Abulense, Xanela Agasallos e Complementos, Centro Óptico Eliseo, Salai Campo, Decoraciones Pura, Pastelería Anduriña, Ana Fabeiro Arte Floral, Unique 2, Calzados Pirde, Milar, Lencería Esther, Infotec, Living Sport, Librería A Rapadoira, Clínica Veterinaria Foz, Carnicería O Centiño, Amarena, Suministros Veipa e Estanco nº2 García Lorca.

O presidente de AciaFozCCA, José Carlos Paleo, anima “a facer as compras no comercio do noso pobo, por proximidade, por trato, por asesoramento personalizado… todo iso ademais terá un importante premio para quince persoas o vindeiro 4 de maio”.

O sorteo dos 6.000 euros en vales de compra, divididos en 15 soldos, terá lugar o 4 de maio a través de Radio Foz. AciaFozCCA conta para esta campaña co patrocinio do Concello de Foz e da Xunta de Galicia.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...