O BNG de Foz pide frear a perda de persoal nas oficinas da AEAT na localidade

A situación pode verse máis acentuada cando se está en vésperas de iniciar en abril a campaña do IRPF.


O BNG de Foz emitiu un comunicado no que fai constar o seu desacordo co recorte de persoal que din está sufrindo a oficina da Axencia Tributaria na localidade mariñá. Esta oficina “dá servizo a toda a Mariña” sinalan. Ademais disto engaden que enn toda Galicia, desde “o ano 2000 sufrimos un recorte de persoal perdéndonse máis de 100 postos de traballo en toda Galicia, o que prexudicou a prestación de servizos”.

Os nacionalistas de Foz destacan que na oficina da localidade materializouse unha “reducción de mais do 30% na delegación”. Por iso reclaman frear o desmantelamento das oficinas da AEAT en todo o territorio galego, “mentres non se avance nas competencias da Axencia Tributaria Galega”. A isto súmanlle a preocupación dos traballadores e traballadoras das delegacións que “é evidente”.

Inciden en que se trata dun servizo público que debe dar cobertura ás necesidades de información e xestión da cidadanía no ámbito tributario, “que implica unha grande responsabilidade e complexidade para as persoas non expertas que conduce a que cada vez máis galegos e galegas delegan este tipo de tarefas en xestorías”.

Por outra parte, a situación pode verse máis acentuada cando se está en vésperas de iniciar en abril a campaña do IRPF. Isto pode volver a demostrar as “eivas dun servizo tamén esencial polo que solicitamos o apoio do pleno do Concello de Foz para Instar ao goberno central para que a administración da AEAT en Foz recupere as traballadoras e traballadores do ano 2000”. O obxectivo principal é garantir a atención presencial ao público para o asesoramento e prestación de servizos.

O BNG focense solicitará que o pleno local inste á Xunta de Galiza trasladadar a súa disconformidade ao goberno central pola drástica redución de postos de traballo que sufriron as administracións da AEAT en Galicia. Tamén se lle reclamará tomar medidas para “evitar a discriminación por fenda dixital, por idade e polo lugar de residencia, asumindo, a través da ATRIGA, máis competencias en materia tributaria”.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here