O alcalde de Foz di que o PP local defende a traizón da Xunta á Mariña

Fran Jacoto engade: “estamos lendo todo o día escusas. Onte, xoves, na prensa o Partido Popular aseguraba que Altri non se podía instalar en Cervo porque Alcoa tiña a concesión do encoro do río Cobo e non era compatible".


O alcalde focense, Fran Cajoto, afirma que o Partido Popular de Foz defende a traizón da Xunta á comarca da Mariña. Fran Cajoto explica que “o Partido Popular de Foz no pleno municipal de onte, xoves 28 de abril, votou non a esixir á Xunta que cumpra o mandato do Parlamento Galego para que Altri se instale na Mariña. O voceiro local, Javier Jorge Castiñeira, intentou xustificar con escusas que a Xunta abandonara á comarca e mantivo silencio cando se lle pediu apoio para que Feijoo cumpra a súa promesa”.

O rexedor municipal de Foz engade: “estamos lendo todo o día escusas. Onte, xoves, na prensa o Partido Popular aseguraba que Altri non se podía instalar en Cervo porque Alcoa tiña a concesión do encoro do río Cobo e non era compatible. Hoxe, venres, cambian o argumento e agora o problema é que o caudal do embalse non é suficiente. Mañá o motivo será outro. A comarca da Mariña non se reduce a Cervo, somos 16 concellos e ninguén da Xunta se quixo reunir con nós para resolver os atrancos técnicos e buscar a mellor ubicación despois de 3 peticións por escrito. Isto é un absoluto escándalo”.

Para Fran Cajoto “o que resulta evidente é que o Partido Popular queda totalmente inhabilitado para defender o futuro das veciñas e veciños de Foz. Décadas de traballo que non se pelexaron por intereses partidistas. O Partido Popular pretende que defender á Mariña é atacar á Ulloa e resulta todo o contrario. O que queremos é un plan industrial para reactivar o futuro da nosa comarca e que as promesas se cumpran. Pedimos futuro para nós e os nosos fillos”.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here