O documental ‘Welcome To Ma Maison’ será a cuarta proxección do Ciclo Mestre Mateo en Foz

Un documental experimental construído con imaxes reais, sentimentos sinceros e problemas verdadeiros. Un falso documental, rodado a modo de making of, onde todo o que se mostra é 100% real.


O sábado, 25 de xuño, a Delegación de Xuventude de Foz, coa colaboración da Academia Galega do Audiovisual e a Área de Cultura da Deputación de Lugo, proxecta Welcome to ma maison, documental nominado nos Premios Mestre Mateo.

Welcomoe to ma maison é unha longametraxe que inicia unha viaxe a Los Ángeles para coñecer ao director Nicolas Winding Refn e, ao non atopar o seu rumbo, camiña cara o interior do seu protagonista percorrendo a difusa liña entre o actor, a persoa e o personaxe.

Un documental experimental construído con imaxes reais, sentimentos sinceros e problemas verdadeiros. Un falso documental, rodado a modo de making of, onde todo o que se mostra é 100% real.

A concelleira de Xuventude, Gema Méndez Leivas, anima a todas as persoas a reservar xa a súa entrada para esta terceira proxección do Ciclo Mestre Mateo, a través do correo electrónico xuventude@concellodefoz.es ou do teléfono 982133037. Tamén poden enviar mensaxe directo a través das redes sociais do Concello: Facebook, Twitter e Instagram.

 

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here