InicioCentralFozA Mariña Patrimonio e o Concello de Foz organizan para o 9...

A Mariña Patrimonio e o Concello de Foz organizan para o 9 de xullo unha conferencia sobre a minaría aurífera romana

A Mariña luguesa é unha zona rica en explotacións mineiras antigas, lamentablemente pouco coñecidas e escasamente estudadas. Unha mostra da existencia destas explotacións auríferas na Mariña son as dúas minas romanas localizadas pola asociación Mariña Patrimonio no ano 2013 na desembocadura do Masma.

Publicada o

- Advertisement -

O vindeiro 9 de xullo terá lugar ás 11.30 na Casa da Cultura de Foz a conferencia “A minaría aurífera romana” organizada polo Concello de Foz e maila asociación Mariña Patrimonio. Esta conferencia, que conta coa colaboración da Área de Cultura da Deputación de Lugo, correrá a cargo do arqueólogo especialista en minería romana, Iván Álvarez Merayo, que tamén fará de guía na visita programada á mina de ouro romana da Espiñeira. A visita á antiga explotación mineira arrancará ás 17.00 dende o Campo da Feira de A Espiñeira.

A Mariña luguesa é unha zona rica en explotacións mineiras antigas, lamentablemente pouco coñecidas e escasamente estudadas. Unha mostra da existencia destas explotacións auríferas na Mariña son as dúas minas romanas localizadas pola asociación Mariña Patrimonio no ano 2013 na desembocadura do Masma. Concretamente, unha atópase na zona de Covas (Barreiros) e a outra en A Espiñeira (Foz). O achado de ambas explotacións foi notificado pola citada asociación á Xunta, que incluíu en 2014 estes bens patrimoniais no catálogo de xacementos arqueolóxicos de Galicia.

Respecto ás minas de ouro romanas da desembocadura do río Masma, o enxeñeiro Guillermo Schulz xa nos fala sobre esta explotación mineira da ría de Foz – da que destaca a súa gran extensión – nunha publicación do 1835 titulada Descripción geognóstica del reino de Galicia.

Na visita organizada á mina de ouro romana da Espiñeira para a xornada do sábado 9 de xullo, terase a oportunidade de ver, grazas á corta do monte realizada recentemente nunhas parcelas situadas na antiga explotación mineira, unha parte importante da que puido ser unha das explotacións de ouro máis grandes de toda Galicia.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...