A Xunta di, agora, que os traballos da nova depuradora de Foz comezarán este ano

Actual EDAR de Foz, no porto. GOOGLE MAPS

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade replica ao Concello de Foz  que prevé iniciar a “finais de ano” os traballos dos colectores e a nova depuradora municipal, á que destinará 12,3 millóns de euros a pesar de que é unha “competencia directa” do goberno local.

Así respondeu a Xunta ás declaracións do alcalde de Foz, Francisco Cajoto, quen denunciaba que esta infraestrutura acumula “cinco anos de atraso” porque fora un compromiso do Executivo galego en virtude dun convenio en 2016 e que tiña como data tope o 2021.

Neste contexto, a Consellería de Infraestruturas alega que leva “moito tempo axudando ao Concello para a tramitación desta concesión” de Costas –do Estado– pola que “houbo que esperar 36 meses para poder licitar o proxecto. Deste xeito, as obras están agora mesmo en proceso de contratación, co obxectivo de que os traballos nos colectores e na nova depuradora do municipio comecen a finais de 2022.”.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here