Lourenzá organiza xornadas de ximnasia de mantemento en varios lugares do concello

Esta iniciativa da Concellería de Deportes comezará o 13 de outubro e desenvolverase ata decembro.


O Concello de Lourenzá organiza actividades de ximnasia de mantemento dentro do programa de dinamización nas parroquias. Esta iniciativa da Concellería de Deportes comezará o 13 de outubro e desenvolverase ata decembro.

A concelleira de Deportes, Sonia Gavino, anuncia que “o 13 de outubro comezarán as actividades, que se van a impartir durante os meses de outubro, novembro e decembro deste ano. Serán totalmente gratuítas, farase en grupos reducidos (máximo 10 persoas) e con mascarilla obrigatoria”.

Os grupos e horarios serán os seguintes: en San Adriano os luns e os mércores de 16:30 a 17:30 horas; en Santo Tomé os mesmos días pero de 17:30 a 18:30 horas; e no pavillón de Vilanova de Lourenzá tamén será os luns e os mércores, pero haberá dous grupos, un de 18:30 a 19:30 e o outro de 19:30 a 20:30 horas.

A formación de grupos será por rigoroso orden de inscrición, que se fará no enlace: https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSej0Qt_JV9loGGU3oApGGEQwyz4oJTaapZ-KprF36TyqaAQkQ/viewform

O prazo para anotarse está aberto ata o 12 de outubro ou ata esgotarse as 10 prazas ofertadas por quenda e actividade. Para máis información os interesados poden contactar coa concelleira de Deportes, Sonia Gavino, no teléfono 664.462.196.Esta actividade do Concello de Lourenzá está patrocinada pola Deputación de Lugo.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here