Ferido un operario tras quedar atrapado na máquina coa que traballaba en Lourenzá

Tras a excarceración, foi tratado polos profesionais sanitarios.

Ambulancia do 061 (foto de arquivo). AXM

Por outra banda, sobre as 11,30 horas o 112 Galicia tamén foi informado dun traballador ferido no concello lucense de Lourenzá (Lugo). O alertante que chamou ao 112 Galicia solicitou asistencia para un operario atrapado na máquina coa que traballaba nunha fábrica situada no lugar da Pena, en San Xurxo de Lourenzá.

Ata o lugar acudiron informados polo 112 Galicia, os servizos sanitarios de urxencia, os Bombeiros de Barreiros e a Garda Civil. Así mesmo, foron mobilizados efectivos da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil da localidade.

Unha vez no punto, os bombeiros confirmaron a excarceración do ferido, que foi tratado polos profesionais sanitarios.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here