A recollida solidaria de xoguetes de Lourenzá achega o Nadal a todas as familias

A campaña rematou con "moitas máis achegas" das agardadas, e disponse xa a facer o reparto por varios concellos da Mariña.


Haberá agasallos para toda a rapazada da Mariña estes Reis. O Concello de Lourenzá vén de destacar que osxoguetes recollidos na campaña promovida pola asociación Airsoft A Mariña están xa depositados nas dependencias do departamento de Servizos Sociais do consistorio. Agora toca seleccionalos e empaquetalos para a súa posterior entrega ás familias máis necesitadas.

A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, incide en que a campaña é resultado da colaboración de ambas entidades. O presidente de Airsoft A Mariña, o laurentino Lázaro Irimia, celebrou que se lograran xuntar “moitos máis xoguetes do que esperábamos ao principio da campaña, que fixemos por primeira vez e empezamos un pouco tarde”.

Finalmente, incidiu, a resposta da xente “foi moi boa nos diferentes puntos de recollida, que tivemos en varios locais de Lourenzá, Burela, Foz e Trabada. E a intención é repartilos a familias necesitadas de varios concellos da Mariña”. Lázaro Irimia ten previsto repetir esta iniciativa para o vindeiro Nadal, pero “mellor organizada, con máis tempo, con máis locais de recollida e dándolle máis publicidade”.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here