O Concello de Lourenzá abre a súa sala de exposicóns á mostra ‘A Memoria do son’

O concelleiro de Cultura, Manuel Arango Ron, explica que se trata “dunha mostra de réplicas de instrumentos medievais elaborados no Centro de Artesanía e Deseño da Deputación Provincial de Lugo."

Lourenzá. TURISMO.GAL

O Concello e Lourenzá abrirá as súas portas este xoves, 3 de marzo, á exposición ‘A Memoria do Son’. Será ás 12:30 horas na Sala de Exposicións municipais.

O concelleiro de Cultura, Manuel Arango Ron, explica que se trata “dunha mostra de réplicas de instrumentos medievais elaborados no Centro de Artesanía e Deseño da Deputación Provincial de Lugo. Ao lado de cada instrumento aparece un código QR que ofrece a oportunidade de escoitar os sons de cada instrumento. Tamén se expón un salterio que os visitantes poderán manipular para escoitar o seu son en directo”.

Esta exposición estará aberta de luns a venres na Sala de Exposicións do Concello de Lourenzá ata o 18 de marzo.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here