Atropelada unha muller de 90 anos en Lourenzá

Foi durante unha maniobra de marcha atrás.

Garda Civil. EFE

Unha muller de 90 anos de idade foi trasladada en ambulancia ao Hospital Público da Mariña despois de sufrir un atropelo nunha estrada local en Soutelo, no concello de Lourenzá, este domingo.

A muller, con iniciais J.C.R., foi atropelada por un vehículo que realizaba unha manobra marcha atrás sobre as 11,40 horas. Segundo fontes consultadas por Europa Press, a muller sufriu feridas nun brazo. Ata o lugar acudiu unha patrulla da Garda Civil, que levantou atestado.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here