Lourenzá convoca un concurso de poesía para o Día das Letras Galegas

Só se admitirá unha obra por participante. Establécese un premio para cada categoría, consistente en 50 euros e figura institucional.

Lourenzá. TURISMO.GAL

O Concello de Lourenzá convoca un concurso de poesía co gallo da celebración do Día das Letras Galegas 2022. Anunciouno o concelleiro de Cultura, Manuel Arango Ron.

Nas bases do certame explícase que “o tema da poesía será A Paz e establécense tres categorías: A) ata 9 anos; B) de 10 a 14 anos; e C) máis de 14 anos. As obras, escritas en galego, serán presentadas de forma anónima, cos datos persoais do concursante (nome e apelidos, idade, enderezo e teléfono de contacto) introducidos nun sobre, que levará na parte exterior a categoría á que pertence. Só se admitirá unha obra por participante. Establécese un premio para cada categoría, consistente en 50 euros e figura institucional”.

As obras presentaranse na Biblioteca Municipal de Lourenzá ata o venres 20 de maio. A Concellería de Cultura encargarase de nomear un xurado que presidirá a alcaldesa ou a persoa na que delegue. O veredicto do xurado e a data e lugar da entrega de premios comunicaráselle directamente aos gañadores.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here