InicioCentralMondoñedoA segunda das Rutas de Artesanía percorreu Mondoñedo este sábado

A segunda das Rutas de Artesanía percorreu Mondoñedo este sábado

O presidente da Mancomunidade de Municipios da Mariña, Fran Cajoto sinalou que “o traballo de promoción de toda a Mariña unida resulta unha fórmula de éxito, labor que se vai potenciar en canto comece a desenvolverse o Plan de Sustentabilidade Turística o vindeiro ano 2022”.

Publicada o

- Advertisement -

As Rutas de Artesanía organizadas pola Mancomunidade de Concellos da Mariña continuaron este sábado, en Mondoñedo, despois de empezar o pasado venres na Pontenova.

“Con visitas ao obradoiro de monicreques de Ton Arenas e ao obradoiro de procesado de La Botica del Abuelo ponse en valor o saber facer, o patrimonio inmaterial que constitúen os oficios tradicionais e que son un referente na nosa comarca”, explicou o presidente da Mancomunidade, Fran Cajoto

Cajoto destacou que “promocionar a través do turismo o coñecemento e a tradición dos oficios artesáns é a nosa contribución a que sigan vivos e non se perdan”. O tamén alcalde de Foz sinalou a boa acollida e a satisfacción que trasladas as persoas que participan nas xornadas.

Durante a ruta deste sábado en Mondoñedo puideron descubrir ademais o barrio dos Muíños, un dos máis senlleiros, e coñecer a tradición cunqueiriana a través da audioguía Mondoñedo e Familia, que tamén elaborou a Mancomunidade.

Fran Cajoto engadiu que “a antiga cidade de Mondoñedo ten moito que ofrecer e o traballo de promoción de toda a Mariña unida resulta unha fórmula de éxito, labor que se vai poder potenciar e dar un salto máis que significativo en canto comece a desenvolverse o Plan de Sustentabilidade Turística o vindeiro ano 2022”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...