InicioCentralMondoñedoMondoñedo aprobará este martes os orzamentos municipais por máis de 3 millóns...

Mondoñedo aprobará este martes os orzamentos municipais por máis de 3 millóns de euros

No pleno aprobarase a exención fiscal para BIEGAL, empresa implantada nas instalacións de ECAR-Finsa.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Mondoñedo sinala que do total do orzamento (3,6 millóns), destinaranse a servizos sociais destínanse máis de 570.000 euros, e o SAF increméntase, con respecto ano pasado, en 47.880 (este servizo pasou de 810 horas no 2015 a 1.800)

Increméntanse os ingresos como consecuencia do aumento da actividade económica (o IAE pasa de arredor de 40.000 euros no 2015 a 140.000 no 2022; respecto ao ano pasado, 58.000 euros máis) e pola implantación dos novos parques eólicos, que aumenta a recadación por IBI (aproximadamente 90.000 euros máis que no actual exercicio)

Segundo os datos do último trimestre, o período medio de pago no Concello de Mondoñedo é de 13 días. O orzamento non inclúe as axudas ata que están efectivamente concedidas, aplicando o principio de prudencia e de rigorosidade que debe imperar nos termos orzamentarios.

O Concello cumpre en canto a prazos, demostra estabilidade orzamentaria e mantén a débeda cero; desta maneira, o orzamento para o próximo ano ofrece unha imaxe fiel da saneada situación económica municipal. As grandes contas do Concello para o 2022 están deseñadas para garantir a colaboración con todo o tecido asociativo, tan importante neste municipio

O Concello cumpre en canto a prazos e demostra estabilidade orzamentaria. Mantén a débeda cero. Desta maneira, o orzamento para o próximo ano ofrece unha imaxe fiel da saneada situación económica municipal. No pleno aprobarase a exención fiscal para BIEGAL,  empresa implantada nas instalacións de ECAR-Finsa.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...