InicioCentralA plataforma sanitaria insta a pedir por escrito pediatría en Alfoz e...

A plataforma sanitaria insta a pedir por escrito pediatría en Alfoz e O Valadouro

O colectivo instalará a súa unidade móbil o vindeiro martes no centro de saúde valadourense

Publicada o

- Advertisement -

A Unidade Móbil de Axuda coas Reclamacións (UMAR) da Plataforma na Defensa da Sanidade na Mariña colocarase o vindeiro martes no centro de saúde do Valadouro, en horario de 11.00 a 13.00 horas.

Quenes se acheguen á mesa informativa terán información en relación coa asistencia sanitaria, derivacións cara outros centros públicos e privados, tempos de agarda para consultas, así como de probas diagnósticas ou intervencións.

A plataforma fai un chamamento aos “veciños do Valadouro e Alfoz que recolleron sinaturas para demandar un servizo de pediatría na zona” a que utilicen a unidade móbil “para poñer a súa reclamación por escrito”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...