A poeta mariñá Luz Pozo Garza viaxa ás súas orixes con ‘Pazo de Tor’

No emblemático edificio monfortino viviu a súa familia arredor do século XIV

Luz Pozo Garza. AXM

EFE. A veterana poetisa mariñá Luz Pozo Garza (Ribadeo, 1922) viaxa ao emblemático edificio situado no Val de Lemos, en Lugo, no seu último libro, ‘Pazo de Tor‘ (Alvarellos, 2019), no que se sumerxe nas orixes dos Garza e na vida mesma.

Trinta poemas que versan sobre o Pazo de Tor compoñen a obra. Os Garza viviran no pazo monfortino arredor do século XIV, e fai uns dez anos, a académica da lingua visitouno por primeira vez. Das visitas foi xurdindo o poemario.

SETENTA ANOS DESPOIS

Todos os organismos, por insignificantes que sexan, son intelixentes, toda a vida o é, mesmo as bacterias; a vida non é un obxecto, é sempre unha evolución”, reflexiounou Pozo Garza sobre a súa última obra, que sae á luz 70 anos despois da súa ópera prima, ‘Anfora‘, que se publicou no 1949.

UNHA MIRADA ESPECIAL

Ribadense de nacemento, filla predilecta de Viveiro que agora vive na Coruña, explicou que levou con ella algo do pazo: “poucos días atrás espertei cunha mirada sobre os ollos, a dun ser esbelto, fino, fermosísimo, que parecía unha muller cun cóbado colocado sobre un armario que teño cheo de libros”.

Mírame fermosamente, con ollos cariñosísimos”, proseguiu a autora, que apuntou que, cando foi cara ella, “foise pero non desapareceu. Deixou un rastro de luz precioso, dourado, de esplendor, de lume que corría polas paredes”.

Tiña que ser unha garza; ás veces véñenme traer mensaxes”, concluíu a autora.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here