A Casa-Museo de Cunqueiro abrirá o vindeiro venres

A pinacoteca, ubicada na vivenda do escritor na Praza da Catedral de Mondoñedo, aspira a ser "un referente do turismo literario"

Casa-Museo de Cunqueiro. AXM

O Concello de Mondoñedo anunciou que o vindeiro venres, 1 de marzo, inaugurará a Casa Museo Álvaro Cunqueiro, situada na Praza da Catedral, coincidindo cos actos conmemorativos “do noso escritor máis universal”.

A pinacoteca adicada ao príncipe das letras mindonienses está ubicada na mesma vivenda onde Cunqueiro (Mondoñedo, 1911-Vigo, 1981) residiu na cidade episcopal, e na que escribiu parte dos seus traballos.

Quenes se acheguen ao museo poderán consultar a súa obra e desfrutar de contidos gráficos e audiovisuais, ademais de admirar efectos persoais, cunha reprodución da súa habitación.

TURISMO LITERARIO

A Xunta de Galicia achegou 120.000 euros para a instalación, que pretende converterse nun “referente no eido do turismo literario” para a comunidade.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here