Down Lugo expón fotografías en Cervo

A asociación presenta na casa da cultura a mostra 'Enfocando Historias'

Inauguración da exposición. AXM

A Asociación Down Lugo exporá ata o 28 de xuño na casa da cultura de Cervo a mostra fotográfica ‘Enfocando Historias‘. Mozos e mozas do colectivo realizaron esta exposición co apoio da fotógrafa Aleksandra Dmitrieva e a colaboración das fundacións de Telefónica e Alcoa.

‘Enfocando Historias’ forxouse en varios pasos. Primeiro, os participantes recibiron clases teóricas de fotografía e pensaron nas historias que querían plasmar a través en imaxes. A continuación foi a parte práctica: os fotógrafos de Down Lugo viaxaron á Mariña Lucense e á praia de Peñarronda, en Asturias, para quitar as fotos. A terceira fase foi a selección das instantáneas que se poden ver na exposición de Cervo. É o segundo lugar onde se pode visitar a mostra, que só foi exposta con anterioridade na Capela de Santa María de Lugo.

INTEGRACIÓN

Asistiron á inauguración o alcalde de Cervo, Alfonso Villares, e a edil de cultura, Dolores García Caramés; a xerente da Asociación Down Lugo, Delfina Pérez; representantes de Alcoa; membros da Asociación de Axuda ao Enfermo Mental A Mariña; e os autores da mostra, que explicaron a dificultade da súa loita por atopar un oco no mercado laboral e acadar a plena integración.

Villares sinalou que a integración total deste colectivo “debe ser unha prioridade e responsabilidade de todos”.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here