Alfoz e Viveiro acollerán concertos de música medieval con instrumentos dos fondos da Deputación

Lucus Ensemble mostrará o son das xoias da colección provincial en oito municipios lucenses

Presentación do proxecto da Deputación. AXM

música medieval chegará a Alfoz e Viveiro. Serán dous dos oito municipios da provincia de Lugo que acollerán concertos a través dunha iniciativa da Deputación, que quere poñer en valor os instrumentos musicais da colección provincial con recitais en lugares de gran relevancia histórica.

O 11 de xullo, o Teatro Pastor Díaz -que cumpre o seu centenario– será a sede dun concerto, ás 20.30 horas. O 15 de setembro celebrarase un recital na Igrexa do Castro, no municipio alfocego.

A agrupación Lucus Ensemble utilizará nos espectáculos instrumentos cedidos dos fondos da Deputación; unha zanfona medieval, unha viola de tres cordas, un salterio e unha Giga. Podes ler a información completa no LugoXornal.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here